| | | | | | | | | | Boletín de Novas para Emprendedores 04 de Xuño de 2010 | | | | | | Queres darte de alta no boletín de novas tecnolóxicas empresariais da SITE? | | |
| |
VER BOLETÍN EN ESPAÑOL | | | | 1-Protocolo familiar na empresa | O despacho multidisciplinar Álvarez Real está a organizar unha xornada ao redor dun tema fundamental a tratar nas empresas familiares para garantir a súa continuidade, que leva por título "Protocolo familiar y pactos de socios. La relación entre la empresa y la familia empresaria” e que correrá a cargo do consultor Alberto Martín Baragaña. A cita é o martes 15, ás 19:30 horas, no salón de actos da Confederación de Empresarios de Lugo. | | Invitación á xornada | | | | 2-RSE nas pemes galegas | A Consellería de Traballo e Benestar abriu a convocatoria das súas subvencións para a realización de proxectos dirixidos á implantación de medidas de responsabilidade social empresarial (RSE) nas pemes galegas. As empresas beneficiarias deberán realizar unha análise que reflicta a súa situación actual nesta materia e, con base nela, elaborar un plan de implantación da responsabilidade social en varias áreas (xestión ambiental, política social, conciliación da vida profesional e persoal, igualdade de oportunidades, etc.) e, finalmente, executalo, co compromiso de implantar dúas novas medidas de RSE como mínimo no 2011. O prazo para solicitalas remata o 30 de xuño. | | Consultar a axuda | | | | 3-Axudas ao turismo | Ata o 26 de xuño, os emprendedores e empresarios do sector turístico en Galicia poderán optar a unha liña de axudas destinadas a incentivar a implantación e mais a mellora das empresas de turismo activo, aventura, actividades de lecer e tempo libre. Serán subvencionables, por exemplo, os investimentos para a implantación de sistemas de calidade ou de enerxías renovables e para actividades recreativas que supoñan un incremento da oferta turística no medio rural. Detrás está a Consellería de Cultura e Turismo. | | Ver a axuda | | | | 4-Mercado Alternativo Bolsista (MBA) | O Igape apoia o acceso das pequenas e medianas empresas ao MBA a través da concesión dunhas subvencións que lles axudarán a cubrir gastos necesarios para contar cunha análise empresarial previa ao seu ingreso, como os de consultoría externa e asistencia técnica. As bases reguladoras foron publicadas no DOG do 24 de maio. | | Consultar as bases |
|
Os dereitos de propiedade intelectual do material periodístico ou novas, pertencen os seus respectivos autores ou periódicos.
Se vostede non desexa recibir este boletín no seu e-mail pregámoslle nolo comunique a info@fundacioncel.org Este boletín está deseñado polo equipo de técnicos da Fundacion CEL - Iniciativas por Lugo. Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, O Palomar s/n 27004 Lugo Tel.:982 284150 - Fax:982 284922 | A súa dirección de correo electrónico figura na lista de distribución do boletín de novas de interese para emprendedores da FUNDACIÓN CEL. Conforme ao disposto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, os seus datos serán tratados de forma confidencial e poderán ser incorporados aos correspondentes ficheiros automatizados ou non, titularidade da FUNDACIÓN CEL, debidamente inscritos no Rexistro Xeral de Protección de Datos. En calquera momento, poderá exercitar os seus dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición ao tratamento dos seus datos de carácter persoal, dirixíndose para ese efecto á FUNDACIÓN polo medio que desexe (correo electrónico ou comunicación escrita ás direccións que se indican neste boletín), indicando o concreto dereito que desexa exercitar. | |