Inicio
Quen somos
Premios
Viveiro de empresas
Emprendedores
I+D+i
Novas tecnoloxías
Formación
Publicacións
Sala de prensa
Contactar
.
Advertisement
Advertisement
Advertisement
Advertisement
Advertisement

 
Inicio arrow Emprendedores arrow Boletín de Novas
Newsletter Item  [ back ]
Date: 2010-05-31 11:39:09
Boletín de Novas do 28/05/2010

Fundación CEL -Iniciativas por Lugo
 
 
 
 
 
Boletín de Novas
para Emprendedores
28 de Maio de 2010
 
 
 

Queres darte de alta no boletín de novas tecnolóxicas empresariais da SITE?

 
Site
   Fundación CEL - Iniciativas por Lugo

 VER BOLETÍN EN ESPAÑOL 

 
1-Axudas do Igape ao programa Innoempresa        

     O Igape lanzou as súas axudas ao programa Innoempresa de apoio á innovación das pequenas e medianas empresas galegas, que poderán solicitarse ata o 9 de xullo e das que poderán beneficiarse os promotores de distintos tipos de proxectos, como por exemplo de modelos empresariais innovadores, deseño de novo produto, proxectos de desenvolvemento tecnolóxico aplicado, implantación e certificación das normas UNE 166.001 e 166.002 e de sistemas de xestión ambiental ou proxectos de identificación de necesidades tecnolóxicas, desenvolvemento de solucións técnicas e organizativas comúns e utilización de servizos avanzados compartidos por grupos de pemes. A orde coas bases reguladoras foi publicada no DOG deste venres 28.                       

Consultar as bases
 
2-Contratación nas pemes de xestores da innovación

     A Consellería de Economía e Industria deu a coñecer no DOG do 24 de maio as bases para o acceso a formación especializada en xestión da innovación dentro da Rede de Xestores da Innovación de Galicia (XIGA), por unha banda, e para a concesión de subvencións ás pemes galegas para financiar os custos laborais da contratación deste persoal formado na Rede, pola outra. Tamén este departamento informou da resolución da convovatoria das subvencións ao fomento do uso das deducións fiscais e das bonificacións na cotización á Seguridade Social por actividades de investigación, desenvolvemento e innovación.                                                                       

Bases da axuda 1 / Resolución da axuda 2
 
3-Aprobado o paro para autónomos                             

     Esta semana, o Congreso dos Deputados aprobou o subsidio por desemprego para os traballadores autónomos. Aqueles que cotizaran menos de 43 meses terán medio ano de prestación, os que o fixeran entre 43 e 48 meses terán oito meses e os que cotizaran máis de 48 meses terán dereito a unha prestación por desemprego dun ano, que é o máximo establecido.                                                                     

Leer a noticia
 
4-Apoio a Lugo10      

     Este ano celébrase o décimo aniversario da declaración da Muralla Romana de Lugo como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, distinción que marcou a historia da cidade en termos de turismo e dinamización socioeconómica. Lugo10 é unha iniciativa que parte do Concello para conmemorar este acontecemento, en colaboración con varias empresas. Dende a Fundación CEL queremos brindarlle o noso apoio a Lugo10 sumándonos á súa promoción a través do enlace coa súa páxina web. Animamos a todas as empresas membro da Fundación e mais ás empresas do noso viveiro a colaborar tamén na divulgación da imaxe de Lugo a través dos seus portais.        

Web de Lugo10
 

Os dereitos de propiedade intelectual do material periodí­stico ou novas, pertencen os seus respectivos autores ou periódicos.


Se vostede non desexa recibir este boletín no seu e-mail pregámoslle nolo comunique a
info@fundacioncel.org

Este boletí­n está deseñado polo equipo de técnicos da
 Fundacion CEL - Iniciativas por Lugo.
Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, O Palomar s/n
27004 Lugo
Tel.:982 284150 - Fax:982 284922 
 

A súa dirección de correo electrónico figura na lista de distribución do boletín de novas de interese para emprendedores da FUNDACIÓN CEL. Conforme ao disposto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, os seus datos serán tratados de forma confidencial e poderán ser incorporados aos correspondentes ficheiros automatizados ou non, titularidade da FUNDACIÓN CEL, debidamente inscritos no Rexistro Xeral de Protección de Datos. En calquera momento, poderá exercitar os seus dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición ao tratamento dos seus datos de carácter persoal, dirixíndose para ese efecto á FUNDACIÓN polo medio que desexe (correo electrónico ou comunicación escrita ás direccións que se indican neste boletín), indicando o concreto dereito que desexa exercitar.

 
 
© 2012 Fundación CEL - Iniciativas por Lugo CIF - G27213206
Joomla! es Software Libre distribuido bajo licencia GNU/GPL.