| | | | | | | | | | Boletín de Novas para Emprendedores 21 de Maio de 2010 | | | | | | Queres darte de alta no boletín de novas tecnolóxicas empresariais da SITE? | | |
| |
VER BOLETÍN EN ESPAÑOL | | | | 1-A Fundación CEL amplía o catálogo de servizos | Coa sinatura este xoves 20 de maio de dous novos convenios de colaboración, coa Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (Feafes) e co despacho multidisciplinar Álvarez Real, a Fundación CEL traballará polo emprendemento en dúas áreas máis: por unha banda, tal como recollen os nosos estatutos, favorecendo a inserción laboral de colectivos desfavorecidos, neste caso a través do fomento do autoemprego entre o colectivo de persoas con enfermidade mental, e, pola outra, incrementando o asesoramento para emprendedores e novos empresarios vinculados á Fundación, que a partir de agora tamén estará especializado en asuntos relacionados coa propiedade industrial e intelectual. | | Ler a noticia | | | | 2-Axudas ás I+E+E | Poderán solicitalas ata o 30 de xuño os promotores das cualificadas como iniciativas emprendedoras e de emprego (I+E+E). Trátase dunha convocatoria da Consellería de Traballo e Benestar e agrupa cinco tipos de subvencións: á creación de emprego estable, financeira, para o financiamento dos primeiros gastos da actividade e para a conciliación da vida profesional e persoal dos promotores destas iniciativas. Así mesmo, as bases reguladoras, que foron publicadas no DOG do día 18 deste mes, contemplan un incremento do 25% destos incentivos se a empresa creada ten o domicilio social ou o centro de traballo nun concello do rural galego. | | Consultar as bases | | | | 3-O evento Iniciador Galicia chega a Lugo | Diego Mariño, cofundador da plataforma de cloud computing Abiquo, e Marta Sánchez, manager de SeedRocket, serán os relatores do encontro entre emprendedores de base tecnolóxica Iniciador Galicia que o venres 28 de maio se celebrará en Lugo. As súas charlas e mais a xornada dedicada ao networking e intercambio de ideas, que tamén entra no programa, terán lugar no salón de actos do CEI-NODUS ás 19:00 horas. | | Máis información | | | | 4-Máis marxe para a cooperación empresarial | O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) anunciou no mes de abril a convocatoria para os proxectos colectivos empresariais e agora vén de ampliar ata o 21 de xuño o prazo de presentación das solicitudes destas axudas, ata o 15 de outubro o prazo de execución dos proxectos e ata o 15 de novembro o prazo de presentación da solicitude de cobramento. Estas son as liñas de axuda: para iniciativas abertas de difusión, deseño corporativo compartido, formación empresarial, inmersión profesional, intercambio de experiencia para a innovación e elaboración de diagnósticos sectoriais e plans estratéxicos. | | Consultar o DOG |
|
Os dereitos de propiedade intelectual do material periodístico ou novas, pertencen os seus respectivos autores ou periódicos.
Se vostede non desexa recibir este boletín no seu e-mail pregámoslle nolo comunique a info@fundacioncel.org Este boletín está deseñado polo equipo de técnicos da Fundacion CEL - Iniciativas por Lugo. Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, O Palomar s/n 27004 Lugo Tel.:982 284150 - Fax:982 284922 | A súa dirección de correo electrónico figura na lista de distribución do boletín de novas de interese para emprendedores da FUNDACIÓN CEL. Conforme ao disposto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, os seus datos serán tratados de forma confidencial e poderán ser incorporados aos correspondentes ficheiros automatizados ou non, titularidade da FUNDACIÓN CEL, debidamente inscritos no Rexistro Xeral de Protección de Datos. En calquera momento, poderá exercitar os seus dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición ao tratamento dos seus datos de carácter persoal, dirixíndose para ese efecto á FUNDACIÓN polo medio que desexe (correo electrónico ou comunicación escrita ás direccións que se indican neste boletín), indicando o concreto dereito que desexa exercitar. | |