A fórmula empresarial de SOND3 | | | |
 | Diego Vilariño, Natalia Crecente e Segundo Fernández decidiron combinar as Belas Artes e a informática e ofrecer a fórmula conxunta da programación e o deseño en materia de comunicación coa súa empresa Sond3. Nos catro anos que levan nesta liña de traballo, firmaron proxectos variados como a imaxe da revista do Museo do Castro de Viladonga e do novo disco de BlueVagos, a identidade corporativa de Alenti Soluciones para Eventos, a marca Feira de Parga ou as webs da galería de arte Clérigos, do COAG-Lugo e da Asociación Galega de Deseñadores. A xornalista Cristina López explícao esta semana na súa serie de reportaxes “Emprendedores ante la crisis”. | |
Ler máis... |
|
Transmedia, premiada na XII Gala do Turismo e a Gastronomía de Galicia | | | |
 | A súa xestión da marca “… E para comer, Lugo”, por encargo da Asociación Provincial de Empresarios da Hostelería da Provincia de Lugo, foi merecedora do premio HGT-Agaxet á mellor acción de promoción, que conceden a Asociación Galega de Xornalistas e Escritores de Turismo (Agaxet) e a revista Hostelería Galega & Turismo. A entrega deste galardón tivo lugar no transcurso da Gala do Turismo e a Gastronomía de Galicia. | |
Ler máis... |
|
O grupo lucense Agroamb expándese a Castela e León | | | |
 | Veñen de obter a autorización como xestores de residuos nesta comunidade, o que lles vai permitir empezar a desenvolver alí parte das actividades que xa asumen en Galicia nun completo ciclo no que, a través das cinco empresas do grupo, abranguen dende a recollida de residuos, o transporte e o almacenamento ata a valorización, a reciclaxe e o uso do produto final na agricultura e no sector forestal. | |
Ler máis... |
|
|